Curso de Community Manager: aprende a xestionar as túas redes sociais como unha profesional
- PRAZAS ESGOTADAS -
Tes un negocio e sentes que as túas redes sociais poderían dar moito máis de si? Dentro do programa +Xuntas, da Deputación de Pontevedra, chega un novo curso pensado para ti: Administradoras de Redes Sociais (Community Manager), unha formación práctica para perder o medo ás redes e empezar a sacarlles verdadeiro partido.Trátase dun obradoiro de 30 horas, ás que se suman 5 horas do módulo de igualdade, con data límite de finalización o 31 de decembro de 2026.
Que vas aprender?
O curso dáche as bases do marketing e a comunicación en liña, e ensínache a deseñar unha estratexia real para as túas redes: definir ben a quen te dirixes en cada plataforma, crear contido que enganche (con copywriting e ferramentas visuais), xestionar a túa comunidade, dende a atención ao cliente ata unha posible crise de reputación, e interpretar as métricas para saber se o que estás a facer funciona. Tamén verás ferramentas de programación de contido, para organizar o teu calendario de publicacións sen te volveres tola cada semana.
Ao rematar, saberás crear e xestionar unha páxina de empresa en Facebook e perfís profesionais en Instagram e YouTube. O curso inclúe ademais un módulo de sensibilización en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
En resumo, os bloques do curso son:
- Estratexia dixital: obxectivos e público obxectivo en cada rede
- Creación de contido: deseño, copywriting e ferramentas visuais
- Xestión de comunidades: atención ao cliente, dinamización e xestión de crises
- Analítica e métricas: interpretar os datos de alcance e interacción
- Ferramentas de programación: automatizar e organizar publicacións
Detalles prácticos
- Duración: 30 horas de obradoiro + 5 horas do módulo de igualdade
- Prazas: mínimo 12 e máximo 20 persoas
- Participación de homes: máximo o 25 % por obradoiro
- Custo: gratuito
- Lugar: Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (R/ Eduardo Chao 17)
- Inicio: 6 de outubro
- Horario: Martes de 16:00 a 18:30 h.
- Importante: debes levar un computador portátil ou unha tablet
Como apuntarte?
Se queres máis información sobre o programa +Xuntas e este curso, podes consultala na web da Deputación de Pontevedra: www.depo.gal/es/-/programa-mais-xuntas, ou directamente por:
- Correo electrónico: info@empresariasgalicia.com
- Teléfono: +34 722 144 430
- PRAZAS ESGOTADAS -
Curso enmarcado no programa +Xuntas da Deputación de Pontevedra.
Más noticias:

Empresarias Galicia participa en el VI Foro Empresarial pola Igualdade de la CEP
La CEP celebró en Vigo el VI Foro Empresarial pola Igualdade, con Gala Llano y socias de Empresarias Galicia en las mesas de debate.

Claves del X Congreso Empresarial: Estrategia, Liderazgo y Transformación en una Edición Aniversario
Estrategia, liderazgo y bienestar: así es el programa del X Congreso Empresarial de Empresarias Galicia, el 14 de octubre en Vigo.

X Congreso Empresarial «Acción e Implicación»: Diez años impulsando el talento en red
El X Congreso Empresarial «Acción e Implicación» celebra el 10º aniversario de Empresarias Galicia el 14 de octubre en Vigo. Reserva tu plaza.
Súmate a nuestra newsletter
Mantente al día de nuestra actividad
Recibe información sobre eventos, formación, networking y nuevas oportunidades para seguir creciendo juntas.
Thank you!
You have successfully joined our subscriber list.