Curso gratuíto de Hábitos de Vida Saudable: pequenos cambios, gran diferenza
- PRAZAS ESGOTADAS -
Comer mellor, moverse un pouco máis, durmir ben... todas sabemos que son bos costumes, pero entre o traballo e o día a día non sempre é doado poñelos en práctica. O cuarto e último curso do programa de prevención de riscos laborais que Empresarias Galicia desenvolve grazas á subvención da Xunta de Galicia está dedicado precisamente a isto: os hábitos de vida saudable.Trátase dunha formación gratuíta, de 25 horas e en modalidade online, que se desenvolverá do 1 ao 20 de outubro de 2026, con 15 prazas dispoñibles.
Que ides aprender?
O curso busca que tomedes conciencia do voso propio estilo de vida e adquirades os fundamentos básicos sobre actividade física, alimentación e descanso, cunha repercusión positiva tanto no persoal como no profesional.
A través de actividades prácticas, facilítase a reflexión sobre os hábitos actuais e a incorporación de pequenos cambios cara a un estilo de vida máis saudable: aprender a elixir alimentos nas proporcións axeitadas, identificar o nivel de actividade física que realmente necesitamos, coñecer estratexias para xestionar o estrés e mellorar o descanso, e previr hábitos nocivos e adiccións prexudiciais para a saúde.
O programa organízase en seis unidades:
- Hábitos de vida saudables
- Avaliación da saúde e a condición física
- Actividade física
- Alimentación saudable
- Descanso e xestión do estrés
- Prevención de adiccións
A formación corre a cargo dun docente con titulación en Ciencias da Saúde (licenciatura, grao, diplomatura ou técnico/a superior da familia sanitaria).
A quen vai dirixido?
A persoas traballadoras activas ou en situación de desemprego, autónomas, delegadas e delegados de prevención, recursos preventivos e persoas traballadoras designadas que asuman con medios propios a acción preventiva da súa empresa.
Como apuntarse?
As prazas son limitadas, así que se vos interesa, non o deixedes para o último momento:
- Correo electrónico: info@empresariasgalicia.com
- Teléfono: +34 722 144 430
- PRAZAS ESGOTADAS -
Curso gratuíto grazas ao programa de Accións de Fomento da Prevención de Riscos Laborais, cofinanciado pola Xunta de Galicia.