Curso Community Manager portada blog

Curso de Community Manager: aprende a xestionar as túas redes sociais como unha profesional

- PRAZAS ESGOTADAS -

Tes un negocio e sentes que as túas redes sociais poderían dar moito máis de si? Dentro do programa +Xuntas, da Deputación de Pontevedra, chega un novo curso pensado para ti: Administradoras de Redes Sociais (Community Manager), unha formación práctica para perder o medo ás redes e empezar a sacarlles verdadeiro partido.Trátase dun obradoiro de 30 horas, ás que se suman 5 horas do módulo de igualdade, con data límite de finalización o 31 de decembro de 2026.

Que vas aprender?

O curso dáche as bases do marketing e a comunicación en liña, e ensínache a deseñar unha estratexia real para as túas redes: definir ben a quen te dirixes en cada plataforma, crear contido que enganche (con copywriting e ferramentas visuais), xestionar a túa comunidade, dende a atención ao cliente ata unha posible crise de reputación, e interpretar as métricas para saber se o que estás a facer funciona. Tamén verás ferramentas de programación de contido, para organizar o teu calendario de publicacións sen te volveres tola cada semana.

 

Ao rematar, saberás crear e xestionar unha páxina de empresa en Facebook e perfís profesionais en Instagram e YouTube. O curso inclúe ademais un módulo de sensibilización en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

 

En resumo, os bloques do curso son:

 

  1. Estratexia dixital: obxectivos e público obxectivo en cada rede
  2. Creación de contido: deseño, copywriting e ferramentas visuais
  3. Xestión de comunidades: atención ao cliente, dinamización e xestión de crises
  4. Analítica e métricas: interpretar os datos de alcance e interacción
  5. Ferramentas de programación: automatizar e organizar publicacións

Detalles prácticos

  • Duración: 30 horas de obradoiro + 5 horas do módulo de igualdade
  • Prazas: mínimo 12 e máximo 20 persoas
  • Participación de homes: máximo o 25 % por obradoiro
  • Custo: gratuito
  • Lugar: Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (R/ Eduardo Chao 17)
  • Inicio: 6 de outubro
  • Horario: Martes de 16:00 a 18:30 h.
  • Importante: debes levar un computador portátil ou unha tablet

Como apuntarte?

Se queres máis información sobre o programa +Xuntas e este curso, podes consultala na web da Deputación de Pontevedra: www.depo.gal/es/-/programa-mais-xuntas, ou directamente por:

- PRAZAS ESGOTADAS -

Curso enmarcado no programa +Xuntas da Deputación de Pontevedra.

Más noticias:

Súmate a nuestra newsletter

Mantente al día de nuestra actividad

Recibe información sobre eventos, formación, networking y nuevas oportunidades para seguir creciendo juntas.